01. Que é MEDRA?

<aside> 📌 MEDRA é un programa de mentoring xestionado dende DAG que conecta a deseñadoras e deseñadores noveis con profesionais de recoñecido prestixio na industria galega, nacional e internacional, co fin de compartir coñecementos, experiencias e recursos que lles faciliten a súa transición do mundo formativo ao laboral.

</aside>

https://s3-us-west-2.amazonaws.com/secure.notion-static.com/c89d859b-cfe3-4a14-89f0-dc15f3b6e1b8/Mesa_de_trabajo_4.png

02. Quen pode participar en MEDRA?

<aside> 📌 No programa MEDRA participan, lóxicamente, dous perfis diferenciados: as Pupilas/os e as Mentoras/es. Cada un deles debe cumplir unha serie de requisitos que se enumeran a continuación.

</aside>

Pupilas/os

  1. Aínda que se priorizarán mulleres e grupos infrarepresentados na industria, en MEDRA poden participar persoas de tódalas idades e de calquera identidade de xénero.
  2. Deberán ser estudantes no último ano de formación nalgún dos Graos, Ciclos ou Másteres relacionados co deseño que se ofertan en Galicia.
  3. Tamén se admitirán no proceso de inscrición profesionais do deseño "noveles" (nos dous primeiros anos da súa traxectoria profesional).

Mentoras/es

  1. Profesionais do deseño (*criterio asociadas/os DAG) con a lo menos 5 anos de traxectoria ou experiencia demostrable na industria.

03. Cales son os obxectivos de MEDRA?

<aside> 📌 Compartir coñecementos, experiencias e recursos cos deseñadores do futuro para fomentar unha industria forte e diversa.

</aside>

<aside> 📌 Facilitar o traxecto de estudante a profesional a través de apoio persoal, orientación e consello que lles permita ter mellores oportunidades no mundo laboral.

</aside>

<aside> 📌 Tender pontes e acortar a percibida "desconexión" entre a educación en deseño e o mundo "real" do contexto laboral galego/español.

</aside>

<aside> 📌 Seguir tentando posicionar á DAG coma o partner máis viable para os centros de formación en deseño, ofrecendo unha solución concreta e tanxible que poida poñer en marcha outras sinerxias que se concreten en máis colaboracións estreitas.

</aside>

<aside> 📌 Achegar á DAG ao día a día das persoas que estudan deseño en Galicia fomentando unha "vantaxe DAG" exclusiva para elas/eles, creando terreo fértil para a captación de futuras persoas asociadas.

</aside>

<aside> 📌 Aproveitar as tutorías para potenciar nas rapazas e rapaces a capacidade de recoñecer dinámicas tóxicas e nocivas para o colectivo polas que a DAG loita cada día: modelos de contratación abusivos, concursos especulativos, etc. ... Facer pedagoxía "de colectivo" ademáis da axuda personalizada.

</aside>

<aside> 📌 Ofrecer aos mentores unha experiencia enriquecedora que lles faga reflexionar e mellorar a súa capacidade didáctica/pedagóxica/motivadora a través dunha plataforma e contextos diferentes.

</aside>

04. Como funciona MEDRA?

Inscrición no programa e asignación de parellas

Búsqueda de Mentoras/es